Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadavia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo)
Lugar: Regodeigón - Camiño Freás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación feita en perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Conserva practicamente íntegra a súa fábrica románica orixinal. Na fachada principal podemos ver a súa porta de acceso, enmarcada con arco apuntado rebaixado levantado sobre pilastras. Por riba destaca unha cornixa sobre canzorros e unha fornela con arco de medio punto sobre pilastras. Remata cunha espadana de dous ocos coroada coa figura dun cordeiro en pedra.
No muro lateral destaca unha porta de acceso, hoxe tapiada, e dúas fiestras.

O interior, aínda que moi alterado, conserva elementos do románico da zona.

Esta igrexa sitúase no lugar onde as crónicas falan da localización do hortus Regis de D. García , rei de Galiza, con grandes viñedos, xardíns e hortas que pertenceron ao antigo mosteiro de Regodeigón.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000028771
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.arteguias.com/comarcadoribeiro.htm
http://www.elcorreogallego.es/monograficos/800-aniversario-francisco-de-asis/ecg/legado-franscicano-perdura-iglesia-san-antonio-ribadavia/idEdicion-2014-12-07/idNoticia-904594/

BIBLIOGRAFÍA
GARCÍA, Xosé Lois. “Guía Románica do Ribeiro”. 2012


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.309628963
Lonxitude: -8.13402146101
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84