Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadavia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo)
Lugar: San Cristovo - Camiño das ánimas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un chanzo cadrado formado por cinco grandes pedras unidas entre si por ferros incrustados.
A súa base cúbica coas arestas rebaixadas da paso a un varal de sección cilíndrica con estrías.
O capitel cadrado presenta decoración con volutas.
O conxunto remata nunha cruz coas arestas dobremente rebaixadas. Os estremos dos brazos están decorados cunha flor con catro pétalos.

O máis destacado deste cruceiro son as inscricións que presenta no chanzo: 18 coviñas, letras, tres cruces e un elemento formado por unha coviña central da que saen 8 liñas, semellando un sol.

Existe documentación que nos di que, no pasado, este cruceiro estaba situado no lugar de As Adegas, onde hoxe se sitúa o campo de fútbol.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM Concello de Ribadavia (ano 2020). (Ficha E_036)
https://cruceirosdegalicia.xyz/320690601.html

BIBLIOGRAFÍA
PINO PÉREZ, R. e GARCÍA JANEIRO, M.J. (2013). Cruceiros do concello de Ribadavia. Patrimonio de Galicia. Ribadavia.
BLANCO RODRÍGUEZ, Susana e GONZÁLEZ HERMIDA, Celsa. (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Ribadavia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.309559539
Lonxitude: -8.13440367579
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84