Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadavia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Francelos (Santa María Madanela)
Lugar: Prexigueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro situado no interior dun viñedo privado que nace sobre tres chanzos cadrados. A súa base cúbica posúe as arestas achafranadas. En tres dos seus lados podemos ver unha inscrición que di:
“LO MANDO ACER DE SU DVOCION
(¿) OS (¿) ANCO MARIA
(?) ANCO VAZqEZ VAZqV EZI”

O seu varal, que nace en sección cuadrangular e continúa octogonal, posúe unha inscrición cun debuxo e unha data (1848), posiblemente a da súa construción. A continuación o capitel de forma troncopiramidal invertida.
O conxunto remata nunha cruz de sección cuadrangular, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

O actual propietario afirma que foi erixido por un ofrecemento relacionado coa curación dun enfermo nas cercanas augas medicinais de Prexigueiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Pino Pérez, R. e García Janeiro, M.J. 2013. “Cruceiros do concello de Ribadavia. Patrimonio de Galicia”. Ribadavia, 142 pp. D.L.: PO 584‐2013
(http://media.wix.com/ugd/17fea5_c93543870ddc48b6ac8340a8d5498f74.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2599782067
Lonxitude: -8.16502645612
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84