Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Sada
Parroquia: Sada (Santa María)
Lugar: Sada de Arriba
Outra denominación do ben: Casa do Escudo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación formada por un volume principal de planta rectangular con dúas alturas e dous volumes anexos, un en cada lateral dunha soa altura. A cubrición sobre o corpo principal realízase a dúas augas coa directriz perpendicular a liña de fachada, formando pinche, máis neste caso é horizontal, cuberto con uralita. Os volumes acaroados cóbrense a tres augas con tella curva do país atopándose na actualidade cuberto pola maleza en estado de ruína. Os muros están recebados e pintados de branco. Os marcos dos ocos resólvense en cemento, con formas decorativas e pintados en cores máis escuras e noutros casos coa pedra á vista, caso da súa porta alintelada e algunhas xanelas. Destaca a existencia dun escudo enriba da porta de acceso o que o fai distinto dunha vivenda normal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Este pazo tiña unha capela exenta, na igrexa de Santa María, situada a poucos metros do pazo. Unha capela, separada da nave da igrexa por unha reixa á dereita do altar coñecida como “capela de Oreiro”.
Nunha transcrición literal do Libro Parroquial do ano 1752, dicíase desta capela:
“Capilla de Nuestra Señora de la Soledad.
En la Iglesia Parroquial de Sada , visita de su Ilma. en 1.752.
Visitó su Ilma. esta capilla que se alla al lado de el evangelio separada del cuerpo de la iglesia comunicándose con ella por un arco, tiene su Rexa que asento el cura esta mandado franquear por sentencia del tribunal eclesiástico: es Patrono de esta capilla Dn. Joseph Oreiro. No hay eneste libro Razón de su fundación ni se save las cargas que tiene expreso Dn. Manuel Miramontes procelebrada por ella misa todos los días festibos de orden verbal del Dn. Joseph. La capilla amenaza Ruina de paredes y techo; manda su Iltma. se asegure uno y otro con el arco queda entrada desde la Iglesia la calehe por dentro y fuera; cubra el Ara y ponga ornatos a satisfación del cura, caso la fábrica no esté obligada a darselos; haga frontal de seda blanco y encarnado o de madera pintada; allane el enlosado de la capilla y ponga vidrios en los tragaluces; lo que el cura haga saber al Patrono para que al término de cuatro meses ejecute lo rreferido y al de vente días le entregue copia auténtica de la fundación; y no lo ejecutando, no consienta dicho cura se perjudique el drco. Parroquial, y de cuenta al fiscal eclesiástico”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/0350CA001.PDF
http://memoriadesada.com/imaxe/pazo-de-oreiro/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3544476173Lonxitude: -8.25631141663
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84