Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Miño
Parroquia: Miño (Santa María)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Asentamento castrexo situado a uns 45 metros de altura sobre o nivel do mar que pode abarcar unhas tres hectáreas de superficie. O castro atópase en malas condicións, ten un cementerio no que sería a súa croa e a presión urbanística fai mella no seu perímetro. Sitúase nunha pequena península chamada do Castro rematando na punta Satareixas. No ámbito de protección deste xacemento foron localizados restos do periodo galaico-romano.
No ano 2004, o arqueólogo contratado pola promotora de dous edificios de vivendas proxectados xunto ó castro de Loios, Antón Malde, atopaba anacos de ladrillos romanos, grosos e compactos ademais de tégulas a un metro e medio baixo terra. Tamén recordaba entón que a localidade foi lugar de atraque e explotación dos recursos mariños por parte dos romanos estando os xacementos miñenses relacionados cos da illa Carboeira e Centroña, en Pontedeume. Malde tamén atopou anacos de tellas cerámicas á entrada do porto.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: ForestalAgrícolaInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.353517757Lonxitude: -8.21733355522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84