Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Miño
Parroquia: Miño (Santa María)
Lugar: Adro da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado con cuarto bocel e mediacana. Na cara do anverso do pedestal ten unha inscrición que dí: “ESTE CRUCERO LO Y/ZO FRAN DE VALY/ÑO AÑO DE 1766”. O varal é cadrado con chafráns onde se poden ollar os símbolos da paixón: Tres cravos, lanza, tenaces, cáliz, martelo, coroa de espiñas, columna, escada e disciplina. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ten ábaco de lados curvos e os vértices agudos, ademais ten volutas, frores e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada co Neno no seu brazo esquerdo sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación ademais o cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo algúns veciños, este cruceiro foi trasladado dende o Castro de Loios fronte o cemiterio ata a súa localización actual, cando se construíu a nova igrexa de Santa María de Miño.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3471920707
Lonxitude: -8.20523276925
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84