Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Arnoia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: A Arnoia (San Salvador)
Lugar: A Laxa - Santo Amaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro probablemente do século XVIII que nace sobre dous chanzos cuadrangulares. A súa base cúbica, de varios perpiaños graníticos, soporta un varal de sección cilíndrica con acanaladuras.
O seu capitel é cadrado con volutas.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver unha coroa de espiñas e unha cartela de INRI.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARNOIA/documents/27456CA109.jpg
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320030101.html

BIBLIOGRAFÍA
BANGUESES VÁZQUEZ, M. Mercedes e BANGUESES BANGUESES, Rafael. “ARNOIA. DOCUMENTOS Y MEMORIAS”. 2013.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2611861319
Lonxitude: -8.14458936453
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84