Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: A Arnoia / Ribeiro (comarca)
Parroquia: A Arnoia (San Salvador)
Lugar: O Pomar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Torre de planta cadrada feita a base de perpiaños graníticos cunha altura de algo máis de 14 metros.
A parte máis alta posúe unha pequena campá. En tres das súas caras podemos ver as esferas do reloxo.
Esta edificación é obra do mestre canteiro Manuel García Vermello, coñecido como Manuel de Trinidá, veciño do cercano lugar de Remuíño. Esta obra, que no seu momento custou 17.000 pesetas, foi costeada pola “Sociedad Arnoia” de residentes en Montevideo (Uruguai) e polo Concello de Arnoia , e foi inaugurada o 17 de agosto de 1945.
Esta torre do Reloxo fora promovida xa cara a 1929 pola colonia emigrante en Montevideo, para regular as horas de rego. Pero non foi até 1945 cando se reflectiu a doazón.
O 17 de agosto de 1941, fíxose realidade o soño duns visionarios arnoienses que residían no Uruguai. -No documento de entrega, que se garda no arquivo do Concello, quedou escrito o seguinte:
“esperando o celo de devandita corporación especial interese no concernente á conservación da obra, que polo seu alto valor municipal, que é moito, non deixa de ser unha proba inequívoca de amor á súa terra, aos seus irmáns e a España, dos fillos desta parroquia nas afastadas terras de Montevideo”.
Facía constar o Sr. Alcalde:
“un recoñecemento de gratitud en nome do pobo de Arnoia tamén aos señores da comisión vecinal que tan desinteresadamente actuaron en representación de devandita sociedade, poñendo na obra o máis acendrado entusiasmo.”
O acto de inauguración contou coa bendición da obra, coa presenza do pobo,
“que deu entusiásticos vivas aos fillos deste pobo residentes en Montevideo, á sociedade alí constituída e á Comisión Veciñal, que foron contestados polo numeroso público”.
“Os acordes da Banda de Música interpretaban o Himno Nacional e as “bombas” rubricaban a cerimonia.”
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O conxunto foi restaurado no ano 2021.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARNOIA/documents/27456CA122.jpg
https://www.facebook.com/groups/605050492950266/permalink/890954921026487/
http://www.arnoia.es/gl-ES/141.aspx
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/torre-del-reloj-de-san-roque-en-a-arnoia/
RESTAURACIÓN ANO 2021
https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/arnoia-acomete-obras-consolidar-torre-reloj/20191106102040904533.html
https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/arnoia-recupera-torre-reloj-como-atractivo-turistico/20201203222719989619.html
https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/arnoia-destina-91000-euros-restaurar-torre-do-reloxo/202106272227191041492.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-arnoia/2021/11/09/arnoia-comenzaron-obras-torre-do-reloxo-permitira-recuperar-uso-original/0003_202111O9C4997.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2460104494Lonxitude: -8.13320606947
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84