Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Santa Eulalia de Arealonga
Lugar: Vilagarcía de Arousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

De tódo-los pazos de Vilagarcia, o de Vistalegre é o único que conta coa declaración de Monumento Histórico Nacional. É un conxunto constituído polo convento, pazo, construccións adxetivas, hórreos, finca e cerre. Edificacións de notable arquitectura renacentista. De boa sillería de granito, torreóns, nave e construccións artelladas nun peculiar conxunto de excepcional transcendencia na paisaxe e na súa proxección popular, caracterízase pola súa decoración sinxela a base de medallóns con bustos no seu centro, pedras armeiras e outros motivos sinxelos. A súa orixe ten relación coa fundación mesma da cidade, pois foi a mediados do século XV cando García de Caamaño, señor de Rubiáns, mandou construir neste lugar unha torre dende a que dominaría o “seu” recente creado “porto et vila”. Pasados os anos, un incendio destruiría a edificación, que daría paso ao actual pazo, levantado arredor do 1545, cando se instituíu o Morgado de Vistalegre, por iniciativa de Álvaro de Mendoza e Soutomaior, neto do fundador, pero sobre todo polo apoio económico do irmán de Álvaro, Rodrigo de Mendoza, capelán de Carlos I, V de Alemaña. Co tempo, o pazo chegaría a ser sede de viceconsulado de Inglaterra.
Ocupando boa parte do Castro de Alobre e situado nun alto, Vistalegre ofreceu durante case un século a imaxe dun caserón con dúas torres laterais, ata que un raio derrubou a situada ó sur. Arredor do ano 1645, un neto de don Álvaro, Fernando de Andrade, arcebispo de Santiago, ordenou construir o convento. Foi entón cando a torre destruída se levantou de novo, pero agora sobre o convento, e o pazo quedou unido á igrexa polo seu singular arco-corredor. O edificio foi reformado nos séculos XVII e XVIII, tomando nesas épocas os trazos barrocos que hoxe o caracterizan.
Todo este conxunto, está ubicado dentro do terreo acotado pola antiga fortaleza medieval da que se conservan parte dos seus muros ó lado do río Con. No interior consérvanse tapices e pinturas flamencas e italianas do século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Panel de información do conxunto histórico.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA009.PDF
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/vilagarcia/pazovistalegre.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5930658352
Lonxitude: -8.76867771149
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84