Outra fotografía:

Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Bueu - Banda ao Río
Outra denominación do ben: Estaleiro de Banda ao Río
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación feita a base de madeira e cerramentos do mesmo material propia da arquitectura popular mariñeira.
Consta dunha parte principal, a máis vella, con cuberta a dúas augas, onde se construían os cascos das embarcacións.
No ano 1960 engadiuse unha zona que incluía unha pequena oficina, unha zona para o trazado de proxectos, outra para a elaboración das pezas de madeira, e o lugar do banco de traballo e
das ferramentas.
No 1975 ampliáronse as instalacións para a construción de embarcacións a motor.
Posuía unha área descuberta para o almacenamento e secado da madeira e varadoiro con vías.
Este estaleiro foi fundado polo carpinteiro Xosé del Río Casal en 1907. Ao morrer este no ano 1938, foi mercado por Rosa Cortizo Cerviño para o seu fillo Xosé González Cortizo, que promoveu a construción de grandes embarcacións.
No 1970 o estaleiro foi adquirido por Manuel González Ferradas que traballou ata 2033, ano en que cesa a súa actividade.
Todo o conxunto foi catalogado no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia (DOGA
157 do 18/08/2011).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital de comezos de agosto de 2020 fala a aportación económica da Deputación de Pontevedra para rematr a restauración deste ebn (ver referencias bibliográficas)


Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. UnFicha I-04 – Páxina 227)

http://galego.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/07/29/bueu-asume-concesion-astillero-valora/1286675.html
http://calmoseira.blogspot.com.es/2011/02/una-segunda-vida-para-el-astillero-de.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/bueu/2018/02/11/astillero-cuenta-historias-bueu-enfila-recuperacion/0003_201802P11C6993.htm

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/astillero-purro-germen-bueu/20180701145712988857.html

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2020/08/04/diputacion-aporta-112000-euros-acabar/2322565.html

112.000 euros para la segunda fase del astillero de Banda do Río


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3267872356
Lonxitude: -8.78980278969
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84