Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Cañás (Santa Baia)
Lugar: Cañás
Outra denominación do ben: Potabilizadora de Cañás
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A ETAP de Cañás, construída no ano 1908 e ampliada en 1922, pertence á empresa de Augas da Coruña EMALCSA, e na actualidade está en activo para subministrar auga potábel aos Concellos de Carral e Cambre, abastecéndose da auga do río Barcés, e apoiándose na outra ETAP de A Telva.
As súas características técnicas recóllense no documento “Responsabilidad Social Empresarial” do ano 2013 da empresa EMALCSA dispoñíbel na web.
Nos seu inicios fornecía de auga á cidade de A Coruña, sen bombeo, só por gravidade a máis de 20 km, cun caudal duns 100 litros/segundo.
Dispón de sistemas de decantación, así como dun vangardista sistema (para a época) de filtros rápidos de madeira. As bombas Siemens son dos anos 30, e aínda se manteñen en funcionamento.
Polo que respecta ao edificio, é de estilo modernista, decorado con azulexos e pavimentos hidráulicos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LIGAZÓNS NA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF (Pax. 1)
http://www.carral.es/es/ayuntamiento/areas/turismo-en-carral/patrimonio/arquitectura-popular/
http://www.visitourwork.com/es/content/todas-las-categorias-patrimonio-industrial-worked-industria/potabilizadora-de-canas
http://www.carral.es/wp-content/uploads/2015/06/as-mil-historias-de-carral.pdf (Fotografía da construcción da ETAP. Pax. 1)
https://www.emalcsa.es/uploads/tinymce/Publicaciones/MEMORIA%20EMALCSA%202013.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2277338586
Lonxitude: -8.31960082054
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84