
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Callobre (San Martiño)
Lugar: Friamonde
Outra denominación do ben: Pía dos Mouros
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Trátase dunha pía cuadrangular emprazada na zona alta dun outeiro coñecido na zona coma O Castro de Friamonde, aínda que non está catalogado oficialmente como tal e non se aprecia unha configuración artificial ou defensiva do pequeno outeiro. A Artesa dos Mouros é, xa que logo, unha cavidade cuadrangular de aproximadamente 1×1 metros, definida por uns rebaixes e formando parte dunha laxe máis grande que está oculta pola maleza do monte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36017074
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Menciónase a existencia do castro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca002.PDF (Pax. 3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase no medio dunha explotación forestal na que recentemente se talaron as árbores con maquinaria. Non parece que se estea a aplicar ningunha medida de protección do ben nin da súa área de respecto.
Onde está localizado
Latitude: 42.7088394326Lonxitude: -8.43936145306
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84