
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Rúa Damas, Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta casa pertenceu a Don Diego Cornide, pai de Don José Cornide Saavedra e Folgueira, un dos ilustrados coruñeses, nado en 1734. José Cornide asesorou, entre outras obras, as reformas da Torre de Hércules e da Porta de Aires.
É un exemplo das mansións aristocráticas situada na Cidade Alta, que se caracteriza por unha boa situación urbana, a calidade da súa construcción e o coidado deseño da fachada, de gusto francés, presidida polo escudo familiar. O edificio foi construído polo arquitecto municipal Antonio Fontenla baixo a dirección do enxeñeiro Francisco Llovet.
É unha casa-pazo urbana, realizada en cantería labrada de perpíaños. A planta central presenta un balcón voado no centro con tres portas balcón. A ambolosdous lados do balcón ábrense dous vans con antepeitos de ferro decorados co mesmo motivo có balcón. Estes antepeitos e a varanda de ferro do balcón son de estilo rococo.
Na planta baixa destacan as molduras barrocas da porta con orelleiras e placas no centro. A fachada remátase cunha cornixa voada que se rompe no centro pra acoller o escudo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña», Volumen VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.37079883279794Lonxitude: -8.393142968416214
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Johnnie says:
Nov 19, 2011
É certo o que indica o xornal “El País”?
Casa de Cornide. Adquirida en subasta en 1962 por Pedro Barrié de la Maza, fun-dador de Fenosa y propietario del Banco Pastor, íntimo de Franco, que la cedió a Carmen Polo. Aún sirve de residencia de verano de la familia en A Coruña.
Xose Troiano says:
Nov 19, 2011
Pois témome que sí, pois aínda hoxe pertence a familia Franco e si preguntas pola zona de quen foi a casa aínda vas a atopar con xente que di que foi de Franco en vez de decir que a casa foi dese gran ilustrado que foi Cornide.
Oscar Franco says:
Mar 19, 2018
Nota de prensa do 16 de marzo de 2018 que fala sobre a propiedade desta casa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/03/16/casa-cornide-deseo-senora/0003_201803H16C4991.htm