Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Rois
Parroquia: Herbogo (San Pedro)
Lugar: Socastro
Outra denominación do ben: Castro de Herbogo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro sitúase nun outeiro dun pequeno cordal, a 211 metros de altitude, sobre o val da parroquia de Herbogo e ao leste dun dos afluentes que desembocan no río Sar, está separado do val da Amaía polos montes do Oleirón. Ten planta ovalada, máis apuntada cara a parte noroeste. Conta cun gran parapeto que foi posible estudar nas escavacións do verán do 2010 levadas a cabo pola Fundación Pro-Patrimonio de Rois, hoxe desaparecida. Este parapeto estaba feito cun recheo de pedra e tapado con terra, acada unha forte pendente e considerable altura. Consérvase bastante ben en comparación con outros da mesma natureza. A coroa mide uns 100 m. no eixo norte-sur, e uns 70 m. de leste a oeste. A parte de fóra do parapeto amosa uns alombamentos de terra e cachote, que parecen indicar a existencia de construcións anexas ao castro en algúns puntos do seu contorno. Na terra que se removeu froito das catas que se levaron a cabo apareceu gran cantidade de tella. Tense noticia da aparición dunha pequena ola con un tesouro que consistía en moedas de ouro romanas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15074004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enlace web : plano do PXOM Rois ano 2002
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349PB012.JPG
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/09/12/mais-sobre-mouros-e-guerra-civil-no-castro-de-socastro-en-herbogo-rois/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7799683303Lonxitude: -8.71361732483
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Ago 10, 2015
Volven os traballos arqueolóxicos ao Castro de Socastro. Noticia da prensa escrita do 3 de agosto de 2015:
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/rois-retoma-los-sondeos-arqueologicos-en-el-castro-socastro-con-el-campo-de-trabajo/idEdicion-2015-08-03/idNoticia-945764/
elixiovieites says:
Ago 11, 2015
Estas foran as anteriores do ano 2010:
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/07/29/0003_8637138.htm