Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Samos / Sarria (comarca)
Parroquia: San Martiño do Real
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa de estilo románico cos muros de mampostería recebados e pintados de branco. Ten planta rectangular con ábsida de tramo recto e testeiro redondo. Leva corpo acaroado no lado sur para a sancristía e o teito vai a dúas augas con cuberta de lousa. A fachada principal é lisa e sen decoración, cunha ventá no centro. Está na parte inferior tapada por un pórtico murado e cuberto con lousa a catro augas na zona da entrada. No cume remate con espadana de dous ocos para as campás que se coroa na cima cunha pequena cruz de pedra. Nos costados laterais da nave ábrense vans a modo de seteiras rematados en pequeno arco. Nos beirados do tellado, de nave e ábsida, amosa como ornamentación canzorros con figuras humanas, carneiros e motivos xeométricos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7380848437
Lonxitude: -7.31615424156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84