Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Bueu - Rúa de Pazos Fontenla
Outra denominación do ben: Cruceiro na Escola da Mariña
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1957 feito por Lino Monteagudo Fontán, veciño da parroquia de Xeve (Pontevedra).
Nace sobre unha base cadrada. O seu varal comeza en sección cadrada e continúa en octogonal. A continuación o capitel, tipo xónico con volutas.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica, na que podemos ver unha cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre peaña no reverso.
O Cristo crucificado foi roubado fai anos. A Virxe suxeita ao Neno que hoxe aparece sen a súa cabeza. Aparece suxeitando escapularios na súa mán esquerda.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha C-06 – Páxina 167)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3266216548
Lonxitude: -8.78150269389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84