Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Irixoa
Parroquia: Irixoa (San Lourenzo)
Lugar: Irixoa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e cun corpo cuadrangular engadido no muro do presbiterio que funciona como sancristía. Os espazos da nave e do presbiterio están separados por un arco triunfal. Os muros son de carga, realizados en pezas de cantería irregular, e a cuberta é a dúas augas, agás o corpo destinado a sancristía, que é a tres augas, con estrutura de cimbros de madeira e cubrición de tella curva do país. O pavimento é de pedra. No interior, de gran sobriedade, presenta uns muros descubertos, no que se levou a cabo un encintado. Aos pés da nave, ollamos un coro alto feito en madeira, accedendo a ela a través dunha escaleira interior, situada xunto a entrada principal.
Exteriormente, o edificio concentra a decoración na fachada principal aínda que cabe destacar unha cruz de pedra no testeiro do presbiterio e outra menos interesante no testeiro da nave. A fachada moi sinxela de cachotería, segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso, o que semella unhas pezas ou doelas nunha figura de arco de medio punto que deberon ser da igrexa anterior, unha placa cunha inscrición pouco lexíbel. Máis arriba, unha xanela rectangular cunha moldura que sobresae lixeiramente e rompendo o vértice enriba da xanela, sitúase a base para espadana flanqueada por dous pináculos moldurados e rematados en bóla. A espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares, sendo o do medio máis estreito e con molduras. Nos ocos destos arcos van as campás ó que se acceden a elas pola caída esquerda do tellado mediante uns chanzos. O segundo corpo presenta un arco de medio punto flanqueado por dous pináculos piramidais e rematados en bóla e coroando o arco, un acroterio cun pináculo alongado con bóla e rematado cunha cruz de forxa.
Dicir que este templo semella ter ou ten unha orixe estrutural románica na que se poden ollar e diferenciar esa primeira construción de sillería regular nos seus muros así como esas pezas ou doelas mal inseridas na fachada principal e, como noutras igrexas do rural galego, o cemiterio aparece dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volumen VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/IRIXOA/documents/27686ca001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/IRIXOA/documents/27686ca003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2858043244
Lonxitude: -8.05866479874
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84