Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Samos / Sarria (comarca)
Parroquia: Santalla (San Xosé)
Lugar: Santalla de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular e tellado a dúas augas, con cuberta de lousa, que remata en chafrán no presbiterio. A fachada está levantada con sillería granítica, cousa que non soe ser habitual por esta zona. Esta amosa entrada alintelada con doelas e con remates curvos nas esquinas superiores. Unha moldura debuxa nos perpiaños do muro un arco oxival para servirlle de marco. Máis arriba ábrense dous pequenos vans rectangulares con adorno de arcos, apuntados e en relevo, nos sillares da parte superior. No cume da fachada arranca o campanario, con dous ocos para as campás de arcos apuntados e con remate en frontón partido cun pináculo de bóla cunha cruz de forxa.
No seu cemiterio está a tumba do poeta Fiz Vergara Vilariño, e este templo forma parte da ruta adicada a el polo val do Lóuzara e que vai dende o alto de Aira Padrón a Santalla.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6573575398
Lonxitude: -7.25630879402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84