Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Carrasqueira
Outra denominación do ben: Pazo de Quitapesares
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII feita a base de perpiaño granítico, composta de baixo e un andar con planta en forma de L. Na fachada principal podemos ver unha solaina soportada por arcos de medio punto.
De todo o conxunto destaca a súa torre ameada, e varios escudos nobiliario. Un deles situado na fachada principal, coas armas das familias dos Rúa, Nobóa, Pimentel e de España. O outro, moi erosionado, deixa entrever as armas dos Freire de Andrade, o Santo Oficio, os Aldao e os Fonseca.
O pazo foi fundado en 1659 por D. Fernando de la Rúa Freire, abade de Bueu e comisario do Santo Oficio. Atópase no interior dunha finca pechada de 66.000 m. cadrados. Unha das portas de acceso á finca posúe un curioso portalón decorado con catro figuriñas pétreas de músicos tocando a gaita.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O pazo posúe un fermoso hórreo con reloxo de sol. Antigamente posuía un pombal de sección cilíndrica.

No interior da finca tamén podemos ver a fermosa Capela de Santa Cruz (http://patrimoniogalego.net/index.php/81928/2016/01/capela-do-pazo-de-santa-cruz/)


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha B-80 – Páxina 148)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BUEU/documents/0719NO010.PDF

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=7372


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.32515223
Lonxitude: -8.79573583603
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84