Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Carrasqueira
Outra denominación do ben: Capela de Santa Ifixenia
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela feita a base de perpiaño granítico labrado, con planta rectangular e cuberta a dúas augas con remates en pináculos.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de acceso con arco de medio punto, cun gran escudo nobiliario na parte superior que mostras as armas das familias de Freire de Andrade, o Santo Oficio, os Aldao e os Fonseca.
O conxunto remata nunha espadana dun só oco con cruz pétrea no cume.
No interior existiu un retablo do que hoxe so se conservan dúas imaxes. Dito retablo mandouno facer D. Antonio Casimiro Pimentel no ano 1796, e restaurado no ano 1877 polo seu neto D. Melitón Pimentel.

O máis destacado desta capela son os conxuntos escultóricos situados nos extremos superiores da fachada principal e no pequeno púlpito situado nun dos laterais. Representan a un grupo de músicos tocando a gaita.
O portalón de acceso á finca tamén posúe unha representación pétrea de músicos.
No interior podemos ver unha Santa Cruz de ébano situada no altar maior.
Esta capela foi levantada en 1671 polo licenciado D. Fernando de la Rúa e Freire, párroco de Bueu. Atópase no interior da finca do Pazo de Santa Cruz ou de Quitapesares (http://patrimoniogalego.net/index.php/81925/2016/01/pazo-de-santa-cruz/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición conta dúas versións de como chegaron as reliquias a esta igrexa:

*A primeira di que foron uns portugueses que chegaron ata Bueu nun barco á deriva.
*A segunda di que foi o premio gañado nunha partida de cartas entre dous cregos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha R -05 – Páxina 296)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BUEU/documents/0719NO010.PDF

http://viveomorrazo.com/es/santa-ifixenia-de-bueu


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3253346706
Lonxitude: -8.79618644714
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84