Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Carrasqueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do século XVII que nace sobre un só chanzo cadrado. A súa base cúbica posúe un relevo dunha caveira cos ósos cruzados a modo de decoración. Tamén posúe unha inscrición
“ESTAS DIECISEIS CRUCES MANDO ACER A SU COSTA EL COMISARIO D. FRNDO DE LA RUA QUE ERA ABAD DSTA FRA. AÑO D 1681”.
O seu varal, de sección cuadrangular con decoración de espiñas, da paso a un capitel con volutas e rostros de anxos.
O conxunto remata nunha cruz tipo latina na que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Este cruceiro atópase o carón da Capela de Santa Cruz (http://patrimoniogalego.net/index.php/81928/2016/01/capela-do-pazo-de-santa-cruz/), e é a última cruz do Viacrucis que comezaba na igrexa de San Martiño de Bueu.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/08/11/via-crucis-olvidado-bueu/570673.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3253029418
Lonxitude: -8.79631385207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84