Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ares
Parroquia: Caamouco (San Vicenzo)
Lugar: Punta de Modias, Redes
Outra denominación do ben: Castelo de Redes
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A batería de Redes responde ó esquema funcional, sendo a súa zona de artillería en forma de ángulo agudo saínte. Tiña tamén polvorín, coa bóveda regulamentaria, situado ó oeste, onde arranca a liña defensiva da parte de terra firme. Esta levántase sobre unha liña quebrada á maneira de coroa; con moitas aspilleiras e na que se apoian os edificios de acuartelamento. A batería de Redes contaba con 22 aspilleiras. Segundo Rodríguez Villasante-Prieto no seu libro “Las defensas de Galicia”, “a idea básica das baterías, e tratando de aproximar a fortificación ao regular, conseguíuse unha tipoloxía bastante simétrica respecto de seu eixo terra-mar, cuxa zona artilleira estaba disposta sobre unha liña curva de troneiras entre merlóns con amplo adarve. Na súa gola levantábanse os edificios loxísticos (acuartelamento e almacéns) que se apoiaban nunha especie de tenaza dobre (mirando á parte de terra) cinguida por un foxo. A súa entrada facíase por unha cara lateral. A este tipo de baterías diseñadas pertenceron as de “Ares”, Redes”, “Seselle”, “Fontán”, “Corbeira” e a proxectada para a de Punta del “Lobartero””.
Segundo citan Cornide e Madoz, a batería de Redes foi construída entre os anos de 1757 e 1773. Situado na punta de Modias, é do tipo de “batería colateral”, aínda que as esixencias de adaptación ó terreo impuxéronlle algunhas diferenzas, como é que a súa batería forme unha liña quebrada en catro segmentos, e que a súa fronte de terra sexa especialmente chairo. As oito troneiras que ten abranguen 180º. A forma difícil da muralla da fronte de terra, influíu na planta irregular do acuartelamento interior.
No século XIX, as modificacións na artillaría e os cambios políticos e económicos deste período obrigan a modernizar a arquitectura das fortificacións principais, quedando as baterías menores en desuso, coa conseguinte deterioración.
Na actualidade, a antiga batería de Redes conserva algunhas estruturas en desigual estado, destacando pola súa conservación as troneiras de dobre abucinamento da zona frontal, restos de lousado orixinal e a bóveda correspondente á polvoreira da batería. Foi construída a base de materiais pobres como a cachotería de granito e lousa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CORNIDE, J.: “Descripción circunstanciada de la costa de Galicia y raya de Galicia por donde confina con el inmediato Reyno de Portugal”, Manuscrito, 1764.
-MADOZ, P.: “Diccionario Geográfico, Estadístico, Histórico de España”, 1849.
-RODRÍGUEZ VILLASANTE-PRIETO, J.A.: “Historia y tipología arquitectónica de las defensas de Galicia”. Edicións do castro, 1984.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARES/documents/0026CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARES/documents/0026CA005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4212661122
Lonxitude: -8.20342898369
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84