Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Insua de Santa Comba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:

O xacemento atópase nunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. A acción do mar dividiu o espazo inicial en tres illas, na Insua do Medio ou Insua de Santa Comba erguese a ermida. Prospeccións nos anos 2001, 2006 e 2012. Os resultados permitiron establecer diferentes fases de ocupación, que van dende a Idade do Ferro, pasando pola romanización, ata a época medieval (ermida e necrópole que supuxo a cristianización dun lugar pagano. A primeira mención da capela data do ano 868). Estivo ocupado dende o século III a.C. ata mediados do I d.C. en que foi abandonado. Entre outros achados, apareceu un forno de obradoiro para traballos con ferro. Xosé Lois Armada e Víctor Alonso, autores do libro “O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas”, manexan dúas hipóteses para o seu abandono. Unha está relacionada coa fin das actividades mineiras na mina de Covarredeiras, en Ponzos; a outra supón que no primeiro século da nosa era o castro comezou a súa conversión cara as illas actuais. A Universidade da Coruña e o CSIC, co impulso da Sociedade Cultural Columba, propuxeron conservar a zona, tanto no eido arqueolóxico como natural. No ano 2001, André Pena Graña, arqueólogo do Concello de Narón, atopou un disco duns 4 cm de diámetro e cun pequeno furado no centro, posiblemente do século I d.C., cunha epígrafe votiva adicada á deusa Reva.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castros de Galicia (provincia da Coruña): http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.56033873
Lonxitude: -8.28390598297
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84