Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Roo (San Xoán)
Lugar: Viro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de capela que se eleva sobre plataforma de 6 chanzos e un pedestal cadrado. Varal de base cadrada duns 29 cm. de lado e 1,28 cm. de altura, que se torna octogonal a 33 cm. do seu comezo, volvendo a ser cadrado no remate. Capitel de dous corpos troncopiramidais superpostos, o primeiro de lados rectos e o segundo curvos, e unha táboa cadrada. Enriba do capitel vai a capeliña cuberta por bóveda plana apoiada en tres paredes de lados rectos. Dentro leva unha virxe de 41 cm. de alto e con evidentes desproporcións que aínda conserva restos de pintura. Na fronte debeu levar unha porta pois amosa furados para o cancelo. Sobre a fornela van tres corpos cadrados coa cruz enriba, de brazos cilíndricos con nós, e cristo de feitura basta e con cartela sen letras apreciables. Por detrás vai unha Dolorosa de rasgos sumarios apoiada nunha sinxela peaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax 156 e 157)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA025.PDF
pax. 3 de 6


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8219612166
Lonxitude: -8.92059803009
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84