Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: O Valado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica posúe inscricións pouco lexibles polas súas catro caras nas que aparece o ano da súa feitura: “1850”.
O seu varal octogonal posúe relevos cos símbolos da Paixón, como o martelo, as tenaces, a escada, un látego e unha coroa de espiño.
A continuación o capitel, de estilo xónico, no que podemos ver caras de anxos en tres das súas caras, e unha caveira cos osos na última delas.
O conxunto remata nunha cruz florenzada na que podemos ver a imaxe da Virxe. Tamén tiña unha imaxe de Cristo crucificado que caeu da cruz fai tempo.

Ao carón do cruceiro podemos ver un pousadoiro que tamén posúe inscrición. hoxe ilexibles.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha C-10 – Páxina 171)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3191353609
Lonxitude: -8.78953054547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84