Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Beluso (Santa María)
Lugar: Bon de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Época Baixomedieval,
Descrición:

Capela feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular duns 70 m2 e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso con arco de medio punto, e por riba dela unha pequena espadana dun so oco con remate en cruz pétrea.
O interior conserva un altar e unha sancristía de estilo churrigueresco con tres imaxes: a primeira é a de San Mamede, que recolle coa man os intestinos; a segunda e San Caetano; e a terceira semella unha Virxe ou unha mártir.

Existen referencias documentais de mediados do século XII que falan desta ermida, como é a cantiga de amigo do xograr Xohán de Cangas:
“Amigo, se mi gram bem queredes,
id´a San Mamed´e veer m´edes:
Oje nom mi mençades, amigo.
Pois mi aquí ren nom podedes dizer,
id´u ajades comigo lezer:
Oje nom mi mençades, amigo.
Serei vosqu’em San Mamede do Mar,
na ermida, se mi o Deus aguisar:
Oje nom mi mençades, amigo”.

(C.B.N. 1269; C. V. 875).

Esta ermida se executou en memoria de San Mamede, que despois de ser Bispo de Palestina veu a Galicia no ano 518 e se retirou a un monte da Diocese de Tui.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodebueu.org/paxina.php?filMenu=MENU12_3&filId=17&idioma=ga
(Documento de aprobación inicial, PXOM Bueu. Ficha R-01 – Páxina 292)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BUEU/documents/0719NO010.PDF

http://viveomorrazo.com/gl/ermida-de-sanamedio


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3146887748
Lonxitude: -8.80131214857
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84