Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Lougares (San Fiz)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa feita no ano 1760 a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, con planta de cruz latina e teitume a dúas, tres e catro augas. Posúe pináculos de bola nos extremos.
Na súa fachada principal,enmarcada entre pilastras laterais, podemos ver unha porta de aceso recercada de molduras acodadas, flanqueada con pilastras caixeadas, friso e frontón semicircular partido. Por riba dela aparece unha fornela coa imaxe pétrea do Santo e, xustamente por riba do santo lese a data da construción da igrexa. Aos laterais aparecen dúas fiestras cadradas.
O conxunto remata cunha torre campanario, con planta cadrada e dous corpos con balaustrada. Coroa o campanario unha pequena cúpula sobre tambor.

No seu interior podemos ver unha capela abocedada con cruceiro dunha clave. A nave é de catro tramos.
Destaca unha imaxe da Virxe das Dores traída do Convento de Canedo (Ponteareas) no ano 1848.

Esta igrexa foi doada por unha muller rica de Lougares que tras morrer deixou a súa herdanza para arranxala debido a que a antiga estaba en ruínas.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A igrexa de Lougares comparte as campás coa igrexa da Franqueira. Conta unha lenda que cada 100 anos a Virxe da Franqueira baixa a visitar a igrexa de Lougares. De aí que na porta das dúas igrexas estea a figura de Santa Bárbara.
Outra lenda di que cando hai tormenta, ao tocar as campás dunha forma en concreto, a tormenta amaina.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDARIZ/documents/0830CA001.PDF (PXOM vixente ano 1999)

http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm
(Documento de aprobación inicial, PXOM Mondariz. Ficha A_008 – Páxina 36)

http://centros.edu.xunta.es/cpidemondariz/mondariz/lougares/igrexa.htm
http://vivemondariz.blogspot.com.es/2007/08/arte-relixioso-de-lougares.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2359488891
Lonxitude: -8.41475486755
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84