Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castelo,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: A Ermida (San Salvador)
Lugar: Gosende
Outra denominación do ben: Castro de Gosende, O castelo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O castelo de Gosende aparece como a referencia número catro dentro do catálogo de Bens arqueolóxicos do PXOM do Concello da Baña do ano 2003. (código GA15007REF4). Os datos da ficha apuntan a que este lugar é recollido na bibliografía arqueolóxica dende o ano 1984 e catalogado posteriormente no ano 1994, durante unha prospección do concello e como posible asentamento castrexo. As dúas estruturas de forma semicircular e dispostas de maneira concéntrica que aparecían no asentamento, parece que non foron apreciadas polos arqueólogos dentro dos traballos de confección do catálogo arqueolóxico.
O asentamento situado nun pequeno outeiro parece moi pequeno para pertencer á tipoloxía dun castro e amosa unha pequena croa elevada duns 30 metros sobre un meandro do río Abuín, que o percorre dende a banda leste a oeste. Nos planos lidar aprécianse lixeiramente as defensas concéntricas que rodean a súa parte máis alta.
Está moi cerca do límite municipal dos concellos da Baña e Santa Comba e con microtoponimia na contorna de “Pedras Talladas”, que sería o nome que parece corresponderlle segundo os mapas, “Marco do Couto”, “Pasos do Río” e “O Castelo”. Neste concello hai outro castelo denominado Castrallón de Xasoso, na parroquia da Baña (San Vicente) con parecida estrutura e enclave topográfico, entre as aldea de Guende e Xasoso.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA016.PDF
(pax.5 de 9)
Mapa de pendentes do CDIX da zona do Castelo e Pedras Talladas en Gosende
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0201.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9940855304
Lonxitude: -8.80279541016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84