Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Praza de Carlos I, Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
En 1743 Simón Rodríguez traza e dirixe as obras nesta capela para os Irmáns da Orde Terceira de Penitencia de San Francisco da Coruña. A capela levántase en dúas fases constructivas: a primeira diríxea Simón Rodríguez e a segunda (1747-1753) estará a cárrego do mestre de obras José Vidal e do aparellador José Lorenzo. A capela formaba ángulo recto coa igrexa do convento de San Francisco, hoxe trasladada (agás a torre). A capela ten unha soa nave ancha, cunha ábsida rectangular e unha sinxela sancristía pegada ó lado dereito. A escaseza de medios da Confraría dos Irmáns da Venerable Orde Terceira de Penitencia de San Francisco fixo que os materiais empregados na súa construcción foran pobres: cachotería encalada, xa que a cantería só aparece enmarcando os vans e marca os lugares destinados ós retablos. A decoración interior destes elementos construídos en cantería é a característica do arquitecto: molduras quebradas nos ángulos e caixeado nas pilastras. O aplacado miúdo pertence á segunda etapa constructiva da capela. A decoración interior é tamén obra de Simón Rodríguez. Destacan os retablos laterais con fornelas de medio punto, un para a imaxe da Inmaculada e outro para San Antonio. A esta fornela flanquéana columnas corintias e pilastras caixeadas nos estremos con sartas de froitas colgantes. Na banda central desaparece a arquitrabe e o friso ocúpao unha placa ondulada. Sobre a cornixa Simón Rodríguez acomoda o ático ao arco de medio punto do primeiro corpo. A fachada da capela é tamén da Portería, característica esta da arquitectura barroca compostelá, enganando ó espectador cun ambiguo xogo de funcións. A torre, de principios do século XVII, posúe unha serie de relevos medievais nos muros e na base da cúpula que a coroa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña», Volumen VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.368974801Lonxitude: -8.3898961544
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84