Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Toques
Parroquia: Monte (Santa Eufemia)
Lugar: Santa Uxía, A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

Igrexa parroquial de estilo románico da primeira metade do século XII, con planta de nave rectangular con cabeceira cadrada sobresaínte. Os espazos da nave e do presbiterio están delimitados pola presenza dun arco triunfal de medio punto, dobrado, sobor de parellas de columnas de capiteis ornamentados e vara longa con basa clásica. Os capiteis amosan unha profusa decoración; o situado ó norte presenta unha ornamentación vexetal, mentres que o do sur poden observarse dous cuadrúpedos que comparten unha mesma cabeza. Sobre deste capitel hai un cimacio que presenta unha decoración de bólas. Son abundantes os restos de pezas que foron aparecendo embutidas nos muros, como é o caso das cinco dovelas que conforman a portada neorrománica aberta na fachada occidental no ano 1994. Nesta liña, é tamén de interese a peza monolítica prerromana que se atopa embutida no muro sur da ábsida, e que corresponde á parte alta dunha saeteira de medio punto. No piñón do testeiro hai unha ménsula decorada coa cabeza dun bóvido cunha potente cornamenta. Destacar tamén a presenza do altar de pedra, que aínda conserva restos de pinturas pertencentes ó século XVI. A fábrica desta igrexa é de mampostería con sillería para esquinais e vans.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provicia da Coruña, Melide, Santiso, Sobrado e Toques”.Vol. XVII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.romanicodigital.com/documentos_web/pdf/PDF%C2%B4S_VISOR%20On-Line%20Abierto/A%20CORU%C3%91A/Monte.swf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TOQUES/documents/26309ca052.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9679146104
Lonxitude: -7.9871866107
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84