Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Bugallido (San Pedro)
Lugar: O Outeiro - Buceleiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Pena da Mira é un outeiro rochoso que sobresae no monte Picón e domina unha ampla visual sobre o Val da Amaía e a zona de Santiago, xunto coas súas contornas. Está situado a 207 m. de altitude e a 300 m. ao sur da antigo camiño real que comunicaba Bertamiráns, dende a ponte da Condomiña, ata a entrada na cidade de Santiago pola zona de Vidán. O lugar, topograficamente falando, coincide á perfección co que vemos descrito no libro de López Ferreiro do ano 1884 sobre o estudo histórico do que fora arcebispo de compostela entre 1451 a 1460 “Don Rodrigo de Luna”. Este fala das manobras de control sobre o territorio, do tenente da Rocha Forte de Santiago, o cabaleiro don Alvaro Sánchez Dávila, en tempos deste arcebispo. Nun texto podemos ver:
“Más Alvaro Sánchez no se contentaba con ser leal guardador de la Rocha; si no que desde allí con sus continuas salidas y rebato no dejaba punto de reposo á los rebeldes. Por la parte Sud y del Oeste tenía cortada las comunicaciones con Noya, Muros y la rica comarca de la Amaía. Prestábase á ello la situación del castillo que se erguía empinado y escueto sobre un altozano en la margen izquierda de un riachuelo afluente del Sar, como á unos cuatro kilómetros de Santiago, y entre las carreteras de Noya y Padrón”.
O “riachuelo” ao que se refire pensamos que sería o Rego de Paramuíño, afluente do Sar, e o altozano “A Pena da Mira”. O lugar está protexido arqueoloxicamente pola existencia dun petróglifo na zona suroeste do propio penedo e dunha mámoa na zona sur do outeiro.
O posible castelo estaría no afloramento granítico que amosa rebaixes e regularizacións para escuadrar unha liña de rocha e facer o que podería ser o asentamento de muros. Tamén se aprecian ocos redondos escavados na pedra que asentarían pontóns de madeira e outros rebaixes que configuran pías. Estas características son as que se aprecian noutros lugares no que estivo construída unha pequena torre ou castelo roqueiro, usados a miúdo para vixilancia e control de camiños.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Lopéz Ferreiro, Antonio: Don Rodrigo de Luna. Santiago. 1884
A Pena da Mira aparece protexida por existencia doutros elementos
arqueolóxicos (Petróglifo da Mira e Mámoa nº1 do Picón). Catálogo PXOM de Ames: páxinas 4 e 5
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA005.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está debaixo dunha torre eléctrica de alta tensión e ao seu carón pasa o gaseoducto, que desviou un pouco a súa traxectoria para protexer o Petróglifo da Pena da Mira.
http://patrimoniogalego.net/index.php/14760/2012/03/petroglifo-de-pena-da-mira/
Onde está localizado
Latitude: 42.8506018305Lonxitude: -8.61084446311
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Feb 18, 2017
Artigo sobre a Pena da Mira en historiadegalicia.gal
https://historiadegalicia.gal/2017/02/pena-da-mira-o-castelo-inedito-que-domina-o-val-de-santiago/