
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Carral / Culleredo
Parroquia: Tabeaio (San Martiño)
Lugar: Sobrepiñeiro-Donepedre
Outra denominación do ben: Pedrafita marco de Fonte Salgueiras, ou marco da Fonte das Meigas.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Situado preto da estrada que comunica Altamira con Folgueira, entre os concellos de Culleredo e Carral, ubícase a pedrafita-marco de Salgueiras, á que é preciso acceder por unha pista forestal. Tamén chamada marco da Fonte das Meigas, xa que como sinala Vilar Hermidas “xa que está situado preto desta fonte máxica pertencente á parroquia de Sueiro”.
O marco sobresae case 1,20 m. do chan, presenta unha inscrición no costado sur da letra “L”; o marco divide os Concellos de Cambre-Culleredo-Carral e as súas parroquias: Tabeaio (Carral), Sueiro e Castelo (Culleredo) e Ancéis (Cambre).
A existencia de tres medoñas próximas (medoña-necrópole de Arteaga e dúas máis), que cara á Folgueira seguen unha aliñación suroeste, poidan ter algunha relación, polo de agora descoñecida, se ben todas elas atópanse xunto a un camiño de comunicación e autores como Moncho Boga indican que son xalóns indicativos cara á necrópole de Arteaga.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: non catalogado
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Relacionada coas tres medoñas próximas, as lendas falan que nelas vivían os mouros en covas que partindo da necrópole de Arteaga, chegaría á Torre de Celas. Tamén se creía que estas mámoas eran simples trincheiras onde se escondían os mouros, ou ben os franceses durante a guerra.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– VILAR HERMIDAS, Xosé Lois (2000): San Martiño de Tabeaio. Ed. Concellalía de Cultura, Concello de Carral, A Coruña.
– BOGA, Moncho (2012), recurso dixital blog: http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/05/marco-de-fonte-salgueiras-carral-cambre.html.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2493407236Lonxitude: -8.37200582027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
pablo fernández ans says:
Xuñ 28, 2016
Xuñ 28, 2016
Responder
Presentouse recentemente, durante o período de exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carral, as alegacións correspondentes para incluir no catálogo do patrimonio o a pedrafita ou marco de Salgueiras, que na actualidade non se atopa recollida.
Os documentos do PXOM pódense acadar na páxina web do Concello de Carral: http://www.carral.es/pxom-carral/.
Pablo says:
Mar 31, 2023
Recentemente fíxose a corta de eucaliptos dunha das fincas, marcando con spray unha das caras da pedrafita. A fotografía adxunta tomouse en marzo 2023.
pablo fernández ans says:
Mar 31, 2023
A fotografía amosa a situación da pedrafita no límite actual entre os Concellos de Carral-Culleredo-Cambre, e a proximidade ós túmulos de Donepedre.