Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Porqueira
Parroquia: Sabucedo (San Salvador)
Lugar: Rial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Forma conxunto con cruceiro, situados os dous ó carón do regueiro que cruza o pobo e preto da ponte.
O corpo da fonte confórmao un gran perpiaño colocado en vertical e que remata en forma triangular. Nel está situado o cano que deixa caer a auga nun pequeno pilo rectangular que se veu utilizando como bebedeiro para o gando. Dende aquí a auga pasa para os dous lavadoiros, sendo o de menor tamaño empregado como aclaradoiro ó lavar a roupa. As paredes do lavadoiro son de perpiaños de boa labra, estando coroadas polas pedras de refregar lixeiramente inclinadas cara o interior da construción.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.altalimia.org/ficha_inmoble.php?id=030208


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.026123
Lonxitude: -7.816419
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84