Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: O Saviñao
Parroquia: Vilatán (San Xoán)
Lugar: Vilatán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A 600 metros de altitude. Asentamento de forma circular, cun diámetro duns 85 metros. Está arrodado por unha muralla moi achandada, circundada á súa vez por un terraplén, nalgúns tramos de orixe natural, con caídas verticais que chegan aos quince metros de altura. Na parte máis vulnerable, ao do leste, construíuse un parapeito duns seis metros de altura. Na parte norte, o terreo foi ampliado con aterrazamentos. No interior atopáronse pesos de teares.

Ao pé do outeiro, nun terreo en pendente, atópase o coñecido como “Dolme” de Leira Rapada, con gravuras de círculos concéntricos na pedra cobertoira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda debaixo do castro viven os mouros, un día ao ano prenden lume, levantando unha enorme fumarada.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galizagalicia-provincia-de.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6085691452
Lonxitude: -7.66837120056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84