Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Incio
Parroquia: San Salvador do Mao
Lugar: San Salvador
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de orixe románica moi desfigurada. Consta dunha nave cuberta de lousa a dúas augas. Fronte con portada en arco sen impostas. Espadana de dous vans. Ábsida máis baixa e reducida ca nave, de dous corpos, o primeiro recto e bóveda de canón, e semicircular o outro, protexido por catro piastras exteriores. Adro pechado e cuberto en lousa que circunda a igrexa a modo de claustro e que acolle o cemiterio. No interior, retábulo maior renacentista do século XVII, e retábulos laterais neogóticos con esceas en relevo.
A igrexa figura na concordia que no ano 1195 puxo fin ao longo preito entre os abades de Samos e o Cabido de Lugo sobre a posesión do templo e dos seus bens
Segundo a tradición, no lugar, que recibía o nome de Flanello ou Planeto (non deixou pegada na toponimia), había un primitivo mosteiro, posiblemente dúplice, anexionado a Samos por Vermudo II na última década da décima centuria coñecido como San Salvador de Lemos.
Pero o que máis chama a atención do conxunto son as cinco caveiras empotradas no muro que pecha o cemiterio e a igrexa. Non teñen maxila inferior e están situadas detrás da ábsida, dando a impresión de que, dende o exterior, están a asistir aos actos relixiosos que se celebran no interior. Expostas na parte máis escura do lugar, aumentan a súa lúgubre apariencia. A disposición dos cranios non semella casual, todo apunta a que foron ordenados para indicar ou sinalar algo relacionado co morto ou coa morte, ou ambas á vez. A morte non se trataba á lixeira e a Igrexa non dubidou en utilizala para meter medo: a simboloxía era máis eficaz ca o sermón. A partires do século XV, os ósos que afloraban da terra expoñíanse en galerías cubertas e sobre o propio pórtico da igrexa. A única persoa que había na aldea díxonos que sempre se crera que pertencían a uns monxes do desaparecido cenobio. Non moi lonxe da igrexa pódese ver unha antiga tumba feita con laxes; dise que no baixo da reitoral apreceran outros enterramentos do mesmo tipo.
Na provincia de Lugo hai outras igrexas con cranios empotrados na parede: Os Vaos (Ribeira de Piquín), Órrea (Riotorto) e Conforto (A Pontenova).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/as-caliveras-de-san-salvador-do-mao-o.html

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OINCIO/documents/25758CA016.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7006327928
Lonxitude: -7.3072385788
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84