Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: Xinzo de Limia (Santa Mariña)
Lugar: Xinzo de Limia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Sitúase este cruceiro na confluencia das rúas Lepanto e Avenida de Madrid, moi próximo ó lugar no que existía a capela de Santa María Madalena.
O cruceiro consta de dobre grada sobre o que se levanta un pedestal con unha pequena pía. Suxeita un varal de sección circular que preto da base ten esculpido en baixo relevo o que semella, xa que está moi esvaída a representación, un anxo elevando dúas almas das chamas. O capitel xónico decorado con ovas e perlas. A cruz traballada nas arestas, porta a imaxe de Cristo e a Virxe. O Cristo de tres cravos coas pernas flexionadas, leva o pano de pureza supra femoral. Hai un intento de mostra-los rasgos anatómicos, máis evidente en brazos e pernas. A Virxe, que repousa sobre unha cabeza dun anxo alado, está en posición orante, recollendo co brazo esquerdo o manto e portando unha coroa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XINZODELIMIA/documents/0514CA013.PDF(P.4)
http://www.altalimia.org/ficha_inmoble.php?id=090260
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.061746Lonxitude: -7.723254
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 25, 2019
Engado as seguintes referencias bibliográficas sobre este cruceiro:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. “ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DE OURENSE”. Ed. IR INDO. 1998.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. “Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia”. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 1997.
Engado tamén a seguinte referencia web:
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/320322001.html