Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Toques
Parroquia: Monte (Santa Eufemia)
Lugar: Santa Uxía, A Igrexa
Outra denominación do ben: Cruceiro da Igrexa
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal tamén cuadrangular. O varal é circular, leñoso con nós. O capitel xónico, é troncocónico invertido con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados rectos con volutas e vieiras. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña. Todo o cruceiro é de granito cun bo estado de conservación. Ten unha inscrición nun nó do varal feito polo autor deste cruceiro, Vidal Payo Fernández, que pon: “Payo”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TOQUES/documents/26309ca072.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9677660363
Lonxitude: -7.98728562893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84