Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Lougares (San Fiz)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado. Posuía unha fornela de arco de medio punto con caixón para as esmolas. Na parte superior posuía un rebaixe circular decorado cunha serie de botóns seguindo a contorna da cornixa.
O conxunto estaba coroado por unha base decorada cunha caveira e dúas tíbias cruzadas.
O peto posuía unha inscrición ao redor da fornela, aínda que a súa erosión non deixe ler a mensaxe.
A foto secundaria da ficha amosa o estado en que quedou despois de que no mes de abril de 2015 un coche esnaquizara totalmente o peto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDARIZ/documents/0830CA001.PDF
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm
(Documento de aprobación inicial, PXOM Mondariz. Ficha E_008 – Páxina 143)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17941&ctre=56&langId=gl_ES
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/destrozosos-patrimonio-lougares/20150429102316472812.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
No mes de abril de 2015 un coche esnaquizou totalmente o peto.
Onde está localizado
Latitude: 42.2356918395Lonxitude: -8.41455245166
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Feb 3, 2016
Enlace coa noticia do derrube do peto de ánimas por un coche (en bibliografía desta ficha)
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/destrozosos-patrimonio-lougares/20150429102316472812.html
Oscar Franco says:
Xul 1, 2019
Na nosa visita ao peto de Lougares levamos unha alegría inmensa. Outro ben fora da lista vermella !
A fotografía é do 29 de xuño de 2019.
elixiovieites says:
Set 21, 2019
Xa o quitamos da lista vermella. Agora cumpría cambiar a foto. Podemos meter esta do comentario.