Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Carmoega (San Pedro)
Lugar: Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase a 360 de altitude, nas estribacións do Monte de Paradela e limÍtrofe coas terras de transición cara o val que fai o río Arnego ao seu paso pola parroquia de Carmoega. Ten unha croa cunha forma que tende a circular e delimitada por unha muralla, que é máis alta polas bandas sur e leste. Na súa parte interior acadaría os 65 m. de diámetro, na zona máis ampla. O lado norte esta rebaixado dende tempo antigo por mor das labores agrícolas, e que alteraron a estrutura do recinto castrexo, feito que xa se observa nas ortofotos do Voo Americano do 1956. Actualmente estanse a facer labores de plantación de eucaliptos no que semella ser a área de protección do asentamento, debido a pouca distancia na que se levan a cabo.
Foto da ficha Angel L. Utrera Baza.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 36020035
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. “O Mundo dos Castros: A comarca de Deza”
ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6 DEP, DEP. LEGAL PO-8 2014
Plano de pendentes (CDIX) da zona do Castro de Carmoega
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0122A-0303.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Vese afectado na súa contorna por plantacións de eucaliptos.


Onde está localizado

Latitude: 42.7752827568
Lonxitude: -8.09424161911
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84