
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: A Baña (San Vicenzo)
Lugar: Liñares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro aséntase nunha pronunciada ladeira pertencente á caída que os montes de Raxado, de 420 m., fan cara ao río da Baña. Ten unha posición na parte media dunha ladeira, a 408 m. de altitude, amosando fortes pendentes na cara que mira ao val e elevándose os terreos que o circundan polo poñente por enriba da súa croa. Componse cun só recinto, ovalado e máis desenvolvido na cara norte que na sur, a cal se estreita nas inmediacións do lugar de Liñares. Deféndese pola zona oeste cun rexo parapeto de 4 metros de altura exterior e 5 m. interior, con ata 14 de m. de pendente, esta banda é a que dá as terras situadas a maior altitude, que vén sendo o lugar máis vulnerable. Acada unhas medidas de 95 m. N.S. e 90 m. L.W. Podemos dicir que non se atopa en bo estado debido as obras levadas a cabo ao longo do tempo e que modificaron a antiga configuración da croa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra. Ed, Sementeira, 1992.
ISBN 84-87848-02-8
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA010.pdf
pax 9
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9731845396Lonxitude: -8.77114534378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





