Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Lougares (San Fiz)
Lugar: Cabirtallo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo aberto feito en pedra granítica. O retablo está formado por un conxunto de 30 azulexos flanqueado por dúas columnas de pouco resalte.
O retablo mostra a imaxe da Virxe co seu fillo morto nos brazos. Á súa dereita San Miguel coa espada e a balanza, e á súa esquerda San Antonio co Neno no colo. Por debaixo, e nun medallón, aparecen as ánimas entre as lapas.
Posúe un caixón para as esmolas.
Na pedra que forma a parte superior do retablo aparece unha inscrición moi erosionada, na que podemos ver o ano da súa feitura: “AÑO 1866”
NO pasado o peto estaba coroado por unha cruz de pedra da que só queda a base.
O peto foi restaurado recentemente. Atópase nun pequeno recuncho reformado, á beira dunha encrucillada de camiños.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDARIZ/documents/0830CA001.PDF
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm
(Documento de aprobación inicial, PXOM Mondariz. Ficha E_013 – Páxina 146)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=17705&ctre=56&volverFicha=true
http://vivemondariz.blogspot.com.es/2007/08/arte-relixioso-de-lougares.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.225546087Lonxitude: -8.41950774193
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84