Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ordes / Ordes (comarca)
Parroquia: Buscás (San Paio)
Lugar: A Rúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
No lugar coñecido como Agra da Torre podemos ver os restos arqueolóxicos onde posiblemente estivera a fortaleza de “Buyocaz”, segundo nos informa Mª do Rosario Valdés Blanco-Rajoy no seu traballo “Las Rutas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos”. A fortificación organízase en torno a unha mota que conserva uns dous metros de altura, cuxa parte superior constitúe un recinto de planta cuadrangular duns 25 metros de lado. Este deféndese por un gran foso duns 5 metros de largo que o rodea, e que a pesares de estar bastante colmatado, nalgúns sitios podería chegar aos 7 metros de fondo. Só polo leste este foso desaparece e o lugar remata en gran terraplén ata o canle do Rego do Cabo. Antecede ao foso unha explanada que rodea ao recinto central con outro foso de menor profundidade que configura unha liña de defensa circular, separada uns 20 m. do recinto central, e que está orientada polo oeste as terras de labor da contorna e ao que era unha importante ruta medieval entre Santiago e Betanzos ao seu paso pola parroquia de Buscás. Está a 300 m. da igrexa románica de San Paio e do castro que ten ao seu carón. Pouco se adiviñan das estruturas que comporían a torre ou fortaleza pois o lugar amosa signos de extracción de pedra con abundantes covos e moreas de terra. Pódese acceder ata o espazo que ocupaba a fortaleza por un recheo de terra no foxo pola cara oeste.
Na foto secundaria da ficha, A Torre de Buscás á dereita e o castro de Buscás á esquerda.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15059027
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Valdés Blanco-Rajoy, Mª. del Rosario. “Las Fortalezas medievales que jalonaban
la ruta jacobea en Santiago y Betanzos” CSIC. Santiago de Compostela
http://digital.csic.es/bitstream/10261/34611/1/VALDES_BLANCO_M_Rosario.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ORDES/documents/0282CA002.PDF
pax. 23 do pdf
Planos da zona dos Ben arqueolóxicos da Torre de Buscás e Castro da Rúa no Pxom de Ordes
http://www.ordes.gal/images/stories/docs/PXOM/planos%20ordenacion/Or_ord_Buscas%20%28San%20Paio%29%2004.00.pdf
pax 19 do pdf .
Zona de pendentes (CDIX) da Zona de San Paio de Buscás.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0070A-0404.pdf
Plano do trazado do Camiño Inglés ao seu paso por Buscás
http://ficheiros-web.xunta.es/patrimonio/DELIMITACION_CINGLES/12_ORDES_A3.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0973087768Lonxitude: -8.37743461132
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Feb 6, 2016
Acceso web a documentación exposta en bibliografía
Valdés Blanco-Rajoy, Mª. del Rosario. “Las Fortalezas medievales que jalonaban
la ruta jacobea en Santiago y Betanzos” CSIC. Santiago de Compostela
http://digital.csic.es/bitstream/10261/34611/1/VALDES_BLANCO_M_Rosario.pdf
Catalogación no Pxom de Ordes ano 1997
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ORDES/documents/0282CA002.PDF
pax. 23 do pdf
Planos da zona dos Bens arqueolóxicos da Torre de Buscás e Castro da Rúa no Pxom de Ordes
http://www.ordes.gal/images/stories/docs/PXOM/planos%20ordenacion/Or_ord_Buscas%20%28San%20Paio%29%2004.00.pdf
pax 19 do pdf
Zona de pendentes (CDIX) da Zona de San Paio de Buscás