Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Santa Baia de Cañás
Lugar: Balbén
Outra denominación do ben: A Fonte do Pío
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situada á beira da estrada, preto do Pazo-Torre de Balbén na parroquia de Cañás (Carral); o manancial está na cemba da estrada, e preto del localízase tamén un lavadoiro de recente construción, en formigón armado, semellante aos moitos construídos durante o século pasado.

A fonte ten como elemento salientábel a pía de pedra, feita nunha soa peza, de forma ovalada, diámetro aproximado duns oitenta centímetros, e quince de groso. Presenta un burato de desaugue no seu centro e unha incisión na beira, que poida facer as veces de rebosadoiro tapando o desaugue, para poder encher un barreño sen ter que levantalo ata o cano. É cóncava e ten forma de cuncha, similar ás pías bautismais.

Descoñécese a data da construción, se ben é de época moderna, do século XX, quizais adaptando unha fonte xa existente. O resto dos elementos son un cano de auga de plástico e unha pedra con inscrición algo borrosa que semella indicar “A Fonte do Pío, 86”.

O conxunto é sinxelo e interesante, se ben necesitaría dunha mínima intervención de integración na paisaxe. Eliminando o cano de plástico e arranxando os chanzos feitos con bloques de formigón, mellorarían sensibelmente o conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2431368397
Lonxitude: -8.3122985065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84