Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra de Melide (comarca) / Toques
Parroquia: A Capela (Santa María)
Lugar: Monte dos Saavedra, Igrexario.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” coa plataforma enterrada e pedestal cuadrangular irregular. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado na que ten unha inscrición que pon “AÑO 1889”. Ten un capitel cuadrangular moldurado en forma de cruz grega denticulada. A súa cruz grega ten sección romboidal. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación, ademais, é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000014716
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TOQUES/documents/26309ca071.pdf (Pax. 2)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9778906293
Lonxitude: -7.9833186418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84