Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Melide / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Melide (San Pedro)
Lugar: Melide (O Castro do Castelo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No alto dun castro, no lugar no que se construíu un castelo na Idade Media, eríxese dende o ano 1741, a capela do Carme. Construída por Blas Núñez de Segade, capelán da Obra Pía de San Antón, coa axuda de tódolos melidenses. A planta da igrexa é rectangular, con arco triunfal de medio punto. A fachada principal segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, de abaixo arriba, presenta unha portada alintelada que remata nun frontón triangular partido. No centro deste hai unha fornela, flanqueada por pilastras, que contén a imaxe da Virxe do Carme co Neno Xesús e a de San Simón de xeonllos. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para a espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares que serven para aloxa-las campás. O segundo formado por un arco de medio punto flanqueado por orelleiras e pináculos moi moldurados, rematando o conxunto outro pináculo semellante.
No seu interior sobresae o retablo realizado no ano 1755. No camarín central, máis saínte cos laterais está a fermosísima imaxe da Virxe do Carme, de finais do século XVIII, atribuída ó taller compostelán de Gambino Ferreiro, flanqueada polas estatuas de San Ramón Nonato e San Xosé, ambas tamén de finais do século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007969
Categoría do Ben: Dato descoñecido Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MELIDE/documents/0215CA001.PDF (Pax. 1)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.concellodemelide.org/interior.php?txt=arbore_web16&lg=gal


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9134879604
Lonxitude: -8.01849581307
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84