Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ordes (comarca) / Oroso
Parroquia: Vilarromarís (San Tomé)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal prismático con adorno no remate superior de moldura con bocel e mediacana. O varal é de sección octogonal, agás no comezo e no remate, que a leva cadrada. Capitel moldurado no que se eleva unha cruz de sección octogonal con remate de brazos florenzados e botón central. Ao seu carón hai unha mesa de granito feita dunha pedra que leva gravado en relevo un escudo de armas e unha inscrición, que podería ser aproveitada de outra construción. Segundo podemos ver na foto do catálogo do PXOM de Oroso do ano 2005, parece que estaba ao lado da estrada e agora atópase máis protexido do tránsito ao ser retirado cara o campo da igrexa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OROSO/documents/9002CA003.PDF
pax. 5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9912721984
Lonxitude: -8.39773893356
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84