Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ordes / Ordes (comarca)
Parroquia: Buscás (San Paio)
Lugar: A Rúa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa de orixe románico que foi reformada entre os séculos XVIII e XIX. Ten nave rectangular con presbiterio de menor altura e con corpo acaroado para a sancristía no seu lado norte. Tellado a dúas augas con cuberta de tella curva e fabricada con muros de sillería e perpiaño na súa totalidade. Amosa na fachada porta enmarcada con columnas acaroadas ás xambas e rematadas en capiteis con adornos vexetais. Estes soportan o ábaco onde descansan as tres arquivoltas que configuran arco de medio punto e que van con molduras, as dúas da parte interior, e a exterior con adornos xeométricos, rodeando un tímpano sen decoración. Enriba da entrada ábrese un van cadrado e nos extremos do hastial leva pináculos de bóla. Do cume da fachada arranca, dunha base cadrada con pequena cornixa moldurada, a espadana de dos ocos con arcos de medio punto para albergar as campás. Remata en gablete con oco central flanqueado por pináculos e ramatado en cruz de forxa. No muro leste da cabeceira vemos unha figura de San Paio, pintado de vivas cores e enmarcado nunha ventá con columniñas de capitel con adornos de volutas, e rematada na parte superior en arquivoltas e arco lobulado. Está na ruta xacobea, polo camiño inglés, e ao seu carón hai un carballo centenario.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009991
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ORDES/documents/0282CA002.PDF (Pax. 23)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0950760074
Lonxitude: -8.38222503662
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84