Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Limia (comarca) / Porqueira
Parroquia: Sabucedo (San Salvador)
Lugar: Rial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pontella sobre o regueiro das Covas que discorre polo medio do Rial. Está construída en cantería de granito onde se combina cachotería con grandes laxas.

Consta dunha única cepa central constituída por perpiaño granítico de tamaño regular sen encintar. Augas arriba, esta cepa inclúe tallamares en forma de punta de lanza que cortan a auga para minorar a presión á que se ven sometidos durante as cheas do inverno.
A plataforma propiamente dita, de rasante chan, confórmase por medio dunha serie de perpiaños de boas dimensións de disposición lonxitudinal que dan á ponte uns tres metros e medio de longo aproximadamente, o que permite o paso cómodo. Os peitorís son tamén en perpiaño aínda que parecen máis actuais, suponse que anteriormente carecería deles. No peitoril de augas abaixo, máis concretamente no seu centro, vemos unha pedra con remate triangular no que se pode ver unha lenda e data (1955), da que podería ser unha reforma, na que se colocarían estes peitorís.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.026268
Lonxitude: -7.81631
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84