Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: A Virxe do Camiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Construción de estilo gótico mariñeiro dos séculos XIV-XV. A igrexa ten unha nave central con cuberta de madeira, dividida en catro tramos por arcos dobrados apuntados de perfil rectangular, ábsida de crucería e tellado a dúas aguas recuberto de tella. Conta na fachada cunha porta onde se ven arquivoltas de medio punto sobre columnas con xambas, e un rosetón. Adosados ao muro meridional destacan especialmente os canzorriños románicos. No Interior ten unha pía de mármore blanco de Gregorio López, do século XVI, e consérvanse exvotos de interese, algúns con representación gráfica nos que se narran aventuras de caracter mariñeiro. Do teito colga unha reprodución dunha maxestuosa fragata. Pegado a esta igrexa está o Antigo Hospital de Lazarados, declarado Monumento Nacional.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-1985).USC. Tese de Doutoramento. Facultade de Xeografía e Historia
Interesante informe de rehabilitación e planos en : (pax 61 a 63) do enlace
http://goo.gl/D1XhhJ
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.pdf
(pax 6)
(Das fotos do pxom de Muros, só unha, a do lateral sur, pertence a esta igrexa. O campanario e fachada con frontón, son repetidas das de S. Estevo de Abelleira da primeira páxina)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7827401329Lonxitude: -9.06551241875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84