Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ordes (comarca) / Oroso
Parroquia: San Tomé (Vilarromarís)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa de nave única rectangular e tellado a dúas augas con cuberta de tella do país. Na cabeceira sitúase a ábsida e dúas capela laterais en corpos anexos á nave principal. Os muros están revestidos e pintados de branco, quedando as esquinas de muros, linteis de portas e marcos de ventás, amosando placas de pedra. Fachada de pouca decoración con porta alintelada que leva enriba un van en forma de óculo para dar luz ao interior. Remata a fronte da fachada con cornixa saínte moldurada e pináculos de bóla nas esquinas. A espadana arranca de base cuadrangular con cornixa, ten dous vans de arco de medio punto para acoller as campás, esta é a única parte do templo que está feito en sillería de granito e que pertenceu ao antigo templo parroquial. Remátase despois de cornixa, en pequeno gablete coroado cun oco de arco de medio punto e flanqueado por pináculos piramidais nos extremos. No cume vai unha cruz de forxa sobre pináculo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OROSO/documents/9002CA002.PDF
pax.5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9907738682
Lonxitude: -8.39835047722
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84